|

|
 |
Foi un acto solemne, marcado polo protocolo
institucional, pero non por elo menos emocionante que a satisfacción
de gañar un título de Liga, ou de Copa. Persoeiros de tódolos
eidos de Galicia encheron o auditorio, como reflexa a imaxe superior, na que
se intúe o himno de Galicia. Á esquerda, un deses momentos agarimosos;
no que o presidente deportivista departe ca viúva de Eugenio Fernández
Granell, galego universal premiado pola súa traxectoria no mundo das
artes. 0 dirixente branquiazul tivo a responsabilidade de falar en nome de tódolos
premiados. Xusto antes de que estoupasen os aplausos, como reflexa a mesa presidencial;
Lendoiro resaltou a tolerancia que caracteriza ás xentes do noroeste,
país de encrucilladas e cruceiros, xusto nestes días tan complexos
para moitas desas nacións que no seu día acolleron ós galegos:
"Bo momento, o Día de Galicia, celebración do Apóstolo
viaxeiro, festa maior da gran irmandade para un acto de afirmación. Tempo
pois de encontro en Compostela, onde converxen os máis vellos camiños
labrados polos "pés dos homes", como diría Cunqueiro,
para expresar o agradecemento de ser galego constante e solidario nun mundo
difícil en un tempo abraiante que temos a sorte de compartir".
|