|
A
carón do Apóstolo Santiago e no seu día grande, que é
o de Galicia, o presidente deportivista Augusto César Lendoiro recolleu
a Medalla de Ouro de mans do titular da Xunta, Manuel Fraga. Despois de recibir
a maior ovación da noite, o dirixente coruñés subiu á
tribuna de oradores para agradece-la condecoración e expresa-lo sentir
xeneral dos outros galardoados. "Esta relucente medalla, que tanta significación
ten para avivar o espíritu e enriquecer as ilusións, fai medrar
noso compromiso cotiá. Procuraremos sempre estar á altura da xenerosidade
de Galicia", manifestou César Lendoiro.
|
 |
Pola súa banda, Manuel Fraga agradeceu ó Deportivo os éxitos
colleitados nos últimos anos e animou ó deportivismo a camiñar
neste vieiro no futuro. 0 presidente do goberno galego resaltou a importancia
dos títulos deportivistas ó tempo que lembrou a orixe modesta
do clube coruñés.
Tras calificar a Augusto César Lendoiro como "o mellor presidente
dunha entidade que tivo moitos presidentes de categoría", Manuel
Fraga demostrou que coñece ben a traxectoria branquiazul o repasar as
principais figuras futbolísticas da case centenaria historia branquiazul.
É máis, o presidente da Xunta admitiu que eses nomes lexendarios,
dende Chacho ou Acuña, fanlle revivir "os alegres anos da mocidade".
|