|

|
 |
O Deportivo estase a converter nun equipo de película.
E non tanto polos goles de Diego Tristán ou polas xenialidades de Juan
Carlos Valerón, senón polo atractivo que desperta no mundo de
cine. A paixón polo Deportivo, encarnada por un maxistral Manuel Manquiña
na desternillante Airbag, semella ter continuación no celuloide. A mellor
proba de que o conxunto coruñés está chamado a competir
na Liga dos festivais de Cannes, Berlín ou Venecia é que no pasado
mes de xuño estreouse a curtametraxe O Trasto e presentouse a longametraxe
Galatasaray-Depor. Os dous filmes utilizan o puxante fenómeno
deportivista como telón de fondo para tratar asuntos de forte contido
social: a relación familiar cos maiores no primeiro caso, e as inquedanzas
desa nova Europa xurdida dende o derrube do muro de Berlín no segundo.
Galatasaray-Depor, que conta cun presuposto de 3 millóns de euros,
dos cales o 30% é financiación galega, constitúe a primeira
coproducción galego-xermana. O título da película fai referencia
a unha hipotética final da Liga de Campións, en Moscova, entre
o conxunto coruñés e o turco. Pero pode ser que a realidade
supere á ficción, sinala Antón Reixa, co-productor
da película a través de Portozás Visión.
|
 |
O
presidente Lendoiro está encantado e o clube vai prestarnos todo o seu
apoio, comentou Reixa, o pasado 6 de xuño, na presentación
dun proxecto no que participa a productora xermana, Moneypenny Films.
A final da Champions coincide con catro robos simultáneos en Santiago
de Compostela, Moscú, Berlín e Estambul, cidades que acollerán
a rodaxe. >Ésta é a proposta do director alemán Hannes Stöhr
(Stuttgart, 1970), que obtivo o Premio do Público no Festival de Berlín
ca súa primeira película, Berlín is in Germany. Os
alemáns van ver como é Galicia, unha terra de gaitas, cando pensan
que en España non hai máis que sol e laranxas, afirma Stöhr,
que coñece ben Galicia porque estudiou en Santiago cunha beca Erasmus.
Eu fun o primeiro sorprendido, engade.
O realizador xermano, apaixoado do fútbol, utiliza este deporte para
descobrir se, como o American way of life, existe un camiño
de vida europeo, mostrando as diferentes caras de Europa, como pode se-lo
contraste das mezquitas de Estambul e a catedral de Santiago. A rodaxe
comenzará en maio de 2003 e durará tres meses.
|