A estrea está prevista para febreiro de 2004, case con toda probabilidade
no Festival de Berlín, un dos máis prestixiosos do mundo. O reparto
contará con intérpretes alemáns, franceses, ingleses, turcos,
galegos e lusos. Por parte galega, o protagonista será Miguel de Lira,
o mítico Currás, ó que tocaralle facer de sarxento nunha
final na que non se sabe quen gaña e quen perde. A amizade de Currás
con Stöhr dende a etapa compostelá do xermano foi unha das claves
para evitar a presión doutras productoras, algunhas catalanas, que pretendían
que a final fronte o Galatasaray fose xogada por outro equipo, como o Barcelona.
Non faltarán na película secuencias da Coruña e afeccionados
branquiazuis.
Pola súa banda, O Trasto estrouse en Santiago de Compostela o 12 de xuño.
Trátase dun dos tres curtos da productora galega Lorelei Producciones,
que contou coa axuda da Consellería de Cultura, Comunicación Social
e Turismo da Xunta de Galicia. Un ancián pasa o día diante
do televisor que o fillo e a nora lle puxeron diante. O avó non é
para eles máis que un trasto, o mesmo que a televisión que tanto
odia. Cun tono de humor negro e personaxes estereotipados, O Trasto reflexa
a incomunicación, o abandono e a soidade do avó. O punto forte
da historia transcorre o día no que o Deportivo da Coruña gaña
o campionato de Liga, sinala Xosé Zapata, un dos responsables de
Lorelei Producciones. Rafael Calvo é o director deste curto galego.
|
|  |