 | |
Os premiados foron
os protagonistas da xornada que distingue "a tódalas persoas que,
polos seus méritos en calquera aspecto social, cultural ou económico,
sexan dignas de obteren o recoñecemento do pobo galego". En total,
trinta medallas: ouro 2002 para o Deportivo; ouro 2001 a título póstumo,
para Eugenio Granell; catorce de plata e catorce de bronce.

A gaiteira Susana Seivane, afeccionada e
socia deportivista, foi a encargada de darlle pulo ó acto. Seivane, que
ten un can que se chama Djalma e un canario de nome Donato, está considerada
internacionalmente coma unha das mellores gaiteiras. No auditorio compostelá
deixou constancia do seu maxisterio. Dende estas páxinas, felicitámola
pola súa proxección e o seu recente casamento.
|